DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 1 de xullo de 2026 Páx. 37473

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

ANUNCIO de notificación de xestión da biomasa.

Tras se iniciar expediente relativo ao incumprimento das obrigas previstas no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ao non ser posible practicarlle a notificación da forma habitual á persoa titular da referencia catastral que se reflicte a continuación, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, requíreselle á persoa propietaria da parcela para que no prazo de quince (15) días desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado execute os traballos de limpeza de biomasa, así como a retirada das especies arbóreas prohibidas, coa advertencia da facultade do Concello de levar a cabo a execución subsidiaria de acordo co disposto no artigo 22 da dita Lei 3/2007.

Expediente

Referencia catastral

Localización

Identificación da persoa responsable

389/2026

27047A016002530000SH

Polígono 16, parcela 253

Lagoa. A Pobra do Brollón (Lugo)

En investigación

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello da Pobra do Brollón, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

A Pobra do Brollón, 5 de xuño de 2026

José Luis Maceda Vilariño
Alcalde