DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 1 de xullo de 2026 Páx. 37433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de abril de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.12933, outorgada o 19 de setembro de 2008, no concello de Ponte Caldelas (expediente DH.A36.116499).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Forzáns-Aldea.

Expediente: DH.A36.116499.

Volume total anual: 19.129,99 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,71 l/s.

Destino: abastecemento e outros usos industriais: fontes.

Orixe: nove mananciais na parcela 405 do polígono 8 do Catastro de Ponte Caldelas.

Lugar: Forzáns.

Parroquia: Forzáns.

Concello: Ponte Caldelas.

Descrición:

A auga captada en oito mananciais condúcese a unha caseta na parcela 405, polígono 8, que contén 73 depósitos individuais desde os cales se distribúe ás vivendas, locais e fontes que abastece a Comunidade. Preténdese facer unha novena captación e conectala tamén co depósito.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 22 de abril de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur