DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 2 de xullo de 2026 Páx. 37510

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 29 de abril para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de servizo de atención primaria (UAP Fontenla Maristany B).

Convocada pola Resolución LD-03/2026, do 29 de abril (DOG núm. 86, do 11 de maio) a provisión dun posto de coordinador/a de servizo de atención pimaria (UAP Fontenla Maristany B), polo sistema de libre designación, a Xerencia da Área Sanitaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 145/2024, do 20 de maio (DOG núm. 101, do 27 de maio), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, o Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para provisión dun posto de coordinador/a de servizo de atención primaria (UAP Fontenla Maristany B), realizada mediante a Resolución LD-03/2026, do 29 de abril (DOG núm. 86, do 11 de maio).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo a esta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a persoa nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 22 de xuño de 2026

Fernanda López Crecente
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO I

Posto de traballo: coordinador/a do Servizo de Atención Primaria (UAP Fontenla Maristany B).

Nome e apelidos: Paula Rivera Herrero.

DNI: ***5925**.