Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: Substitución do apoio 9SF9BU61//9SF8KF48 e instalación de RT na LMTA VLG803.
Situación: Meaño.
Características técnicas:
• Substitución do apoio 9SF9BU61//9SF8KF48 por un C-3000/16, en que se instala un reconectador telecontrolado (RT) en substitución do TLC 36HEP6, e do apoio 9SBR3VU3//9SBQCGSA por un C-2000/14.
• Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV con condutor LA-110 mm2 Al de 192 metros, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio proxectado C-3000/16.
• Retensado de 142 metros da LMTA VLG-803, en condutor LA-78 mm2 Al, desde o apoio existente 9S98AJR2//9S97J4P9 ata o apoio proxectado C-2000/14 na parcela con referencia catastral 6606521NH1060N0001OT.
• Retensado de 121 metros da LMTA VLG-803, en condutor LA-78 mm2 Al, desde o apoio proxectado C-3000/16 na parcela con referencia catastral 36027A035002230000MX ata o apoio existente 9SHJVCN6//9SHJVCN5.
• As instalacións están situadas no lugar de Ganón, na parroquia de Xil, no concello de Meaño (Pontevedra).
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
O proxecto encóntrase a disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, Edificio Administrativo Campolongo, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 52 37; así como no portal da mencionada consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Durante o dito período calquera persoa poderá formular as alegacións que considere oportunas, por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 9 de xuño de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2026/050-4.
Denominación: Substitución do apoio 9SF9BU61//9SF8KF48 e instalación de RT na LMTA VLG803.
Concello: Meaño.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afectacións |
||
|
Pleno dominio |
Servidume |
||||||
|
Apoio (m2) |
ml sub. |
m2 sub. |
|||||
|
1 |
Lg. Ganon-Xil. Meaño |
Urbana |
6606521NH1060N0001OT |
María del Carmen Parada Queiruga |
2 |
- |
- |
