DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 3 de xullo de 2026 Páx. 37720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica situada nos concellos do Barco de Valdeorras e Vilamartín de Valdeorras (expediente IN407A 2025/14-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LAMT BDV801 A Rúa 1, entre os apoios CLCL80Y6 e CL62XIM7//15, nas casas dos concellos do Barco de Valdeorras e de Vilamartín de Valdeorras, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer neste acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 19 de xuño de 2026

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de persoas afectadas descoñecidas,
con enderezo ignorado ou non notificadas

Número de expediente: IN407A 2025/14-3.

Instalación: Regulamentación da LAMT BDV801 A Rúa 1 entre os apoios CLCL80Y6 e CL62XIM7//15.

Concellos: O Barco de Valdeorras e Vilamartín de Valdeorras.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Granxa

32010A020005840000XA

Pilar del Prado

Casa do concello do
Barco de Valdeorras

21 de setembro de 2026

13.15

2

Granxa

32010A020005690000XX

Descoñecido/a

Casa do concello do
Barco de Valdeorras

21 de setembro de 2026

13.20

3

Val do Carballo

32089A021025300000QU

Descoñecido/a

Casa do concello de Vilamartín de Valdeorras

21 de setembro de 2026

12.30