José Luis Crespo Crespo, con DNI ***0002**, actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de A Riña-Oia, por este anuncio convoco para o vindeiro día 1 de agosto de 2026, no Centro Cultural de Santa María de Oia (Pontevedra), ás 17.00 horas en primeira convocatoria e ás 17.30 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura da acta anterior.
2. Lectura das contas do exercicio 2025.
3. Informe da xestión da comunidade.
4. Construción dun novo depósito.
5. Elección de cargos para a renovación da Xunta Directiva, Xurado e suplentes.
6. Facultar a Xunta Directiva para a solicitude de subvencións e axudas en nome da comunidade.
7. Altas, baixas e cambios de titularidade.
8. Rogos e preguntas.
Oia, 10 de xuño de 2026
José Luis Crespo Crespo
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de A Riña-Oia
