Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Tribunal de Instancia –Sección do Contencioso-Administrativo– praza número 1 de Pontevedra, en relación co procedemento abreviado número 161 2026, interposto pola persoa con DNI 76786577L, contra a resolución desestimatoria ditada pola directora da Axencia de Protección da Lealidade Urbanística no recurso de reposición o 25 de marzo de 2026, interposto contra outra do 7 de setembro de 2017 (expediente PON 275 2016 RP1) pola que se declara que as obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dun garaxe, no lugar de Camiño do Pouso, Soutelo de Montes, no concello de Forcarei, parcela con referencia catastral 36027A0170060030000MF, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras, a reposición do terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos a que deron lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal de Instancia –Sección do Contencioso-Administraivo– praza número 1 de Pontevedra.
Ao non se poder realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 35200222X para que poida comparecer como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
