DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 3 de xullo de 2026 Páx. 37750

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da convocatoria e bases do proceso selectivo para a provisión de dúas vacantes de administrativo/a (oferta de emprego público de 2025 e 2026), con inclusión dunha praza adicional (disposición adicional décimo oitava da Lei do emprego público de Galicia).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 103, do 3.6.2026, publicáronse as bases que han rexer a convocatoria para a provisión de dúas vacantes de administrativo/a, con inclusión dunha praza adicional (disposición adicional 18ª da Lei do emprego público de Galicia), pertencentes ao grupo C, subgrupo C1, escala de Administración xeral, subescala administrativa, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2025 e 2026.

A presentación de solicitudes farase no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Fene, 4 de xuño de 2026

Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa