DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Venres, 3 de xullo de 2026 Páx. 37725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de xuño de 2026 polo que se notifica o requirimento ditado no expediente de denuncia DH.D36.117091.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa titular do NIF 76819464-Q o requirimento do 19 de maio de 2026 ditado no procedemento de denuncia en materia de verteduras DH.D36.117091.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que poderá presentar alegacións, ante a Área de Verteduras de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia