Feito:
Primeiro. O día 9 de xuño de 2026 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade da acta da Comisión Paritaria do VII Convenio colectivo para o sector de pompas fúnebres de Galicia, en que se actualizan as táboas salariais para o ano 2026.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á Consellería de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Segunda. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (DEOSE), de convenios colectivos (Rexcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).
Terceira. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos de traballo e establece que a autoridade laboral competente ditará resolución ordenando o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.
Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, esta Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da Comisión paritaria do VII Convenio colectivo para o sector de pompas fúnebres de Galicia en que se actualizan as táboas salariais para o ano 2026.
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2026
Susana Pérez Iglesias
Secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais
Acta da Comisión paritaria do VII Convenio colectivo
para o sector de pompas fúnebres de Galicia
En Santiago de Compostela, ás 11.00 horas do día 6 de febreiro de 2026, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24, baixo, reúnense as persoas abaixo sinaladas, que integran a Comisión paritaria do VII Convenio colectivo para o sector de pompas fúnebres de Galicia.
Representación empresarial:
Alberto Gianzo Ferro (Asociación Gallega de Empresas de Servicios Funerarios, Agesef).
José Luis Varela Tabarés (Asociación Gallega de Empresas de Servicios Funerarios, Agesef).
Vicente González Bordallo (Asociación Gallega de Empresas de Servicios Funerarios, Agesef).
Representación sindical:
Juan Manuel Baliñas Touzón (UGT).
Miguel Ángel Soto García (UGT).
Serafín Álvarez Seoane (UGT).
Alba Nogareda Salgado (UGT).
José Manuel Castro Jardón (CC.OO.).
Óscar Cereijo Limeres (CC.OO.).
O obxecto desta xuntanza é a actualización das táboas salariais do VII Convenio colectivo para o sector de pompas fúnebres de Galicia para o ano 2026.
Logo do oportuno debate e exposición de posturas e pareceres por cada unha das representacións presentes, esta comisión acorda:
Primeiro. Aprobar as táboas salariais do VII Convenio colectivo para o sector de pompas fúnebres de Galicia para o ano 2026, que se xuntan como anexo a esta acta.
Segundo. Delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de depósito, rexistro e publicación deste acordo ante a autoridade laboral competente.
Ao non ter máis asuntos que tratar, remata a reunión ás 12.00 horas do día sinalado no encabezamento e, para o efecto, expídese esta acta, que asinan en proba de conformidade as persoas abaixo relacionadas en representación de cada unha das organizacións presentes.
Alberto Gianzo Ferro
Agesef
Alba Nogareda Salgado
UGT
Óscar Cereijo Limeres
CC.OO.
Táboas salariais 2026

