DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 6 de xullo de 2026 Páx. 37906

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de director/a do Centro de Información á Muller (CIM).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 102, do 2 de xuño de 2026, publicáronse integramente a convocatoria e as bases reguladoras, aprobadas pola Resolución de Alcaldía nº 1350/2026, do 23 de maio, que rexerán o proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición, para cobertura en propiedade como persoal laboral fixo dunha praza de directora/director do Centro de Información á Muller (CIM).

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza faranse públicos na forma prevista nas bases.

Arteixo, 8 de xuño de 2026

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente