DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Luns, 6 de xullo de 2026 Páx. 37925

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de notificación a titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que as persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidas e resulta imposible practicarlles a notificación, comunícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da antedita Lei 3/2007:

Nº de expediente

Ref. catastral

Parroquia

Lugar

Persoa/s responsable/s

3347/2024

36029A03900261

Domaio (San Pedro)

A Costa

En investigación

3347/2024

36029A03900288

Domaio (San Pedro)

A Costa

En investigación

1º. En virtude do anterior, comunícaselles ás persoas que, consonte o artigo 21.ter da citada Lei 3/2007, resulten responsables a súa obriga de xestión da biomasa e, de ser o caso, retirada de especies arbóreas prohibidas, e concédeselles un prazo de quince (15) días naturais contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se for o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da referida Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. A persoa que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio, para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello efectuará a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento unha vez transcorrido o prazo outorgado, e isto sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, se for o caso. No dito suposto, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese na cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

Hectáreas afectadas

Estimación de prezo

Liquidación provisional

3347/2024

36029A03900261

0,0121 ha

3545,82 €/ha

43,00 €

3347/2024

36029A03900288

0,0094 ha

3545,82 €/ha

33,33 €

4º. Na circunstancia de que se persista no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a. Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia de incendios forestais por razón do territorio no que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas na Lei 3/2007 e incoados no ámbito da consellería con competencias en materia de incendios forestais:

a) A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do Concello correspondente. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter da referida Lei 3/2007.

b. Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves).

c. Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d. Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Moaña, 12 de xuño de 2026

Leticia Santos Paz
Alcaldesa