Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 10 de xuño de 2026, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 746 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 184,79 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).
Actual titular: María Torrado Núñez (***3341**).
Novo titular: José Ignacio Fabeiro Torrado (***7331**).
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Vigo, 10 de xuño de 2026
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
