De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; tras intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 e co artigo 41 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos (BOE do 31 de marzo), sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe do Servizo de Protección ao Consumidor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante os servizos centrais do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na avenida Gonzalo Torrente Ballester, número 1-5, baixo, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2026
Gabriel Alén Castro
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
ANEXO
Expediente: acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de defensa do consumidor número 15S001-76-2026.
Interesado/a (CIF): 01936754Q.
Acto notificado: acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de defensa do consumidor número 15S001-76-2026.
