DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Martes, 7 de xullo de 2026 Páx. 38236

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 19 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, do acordo de ocupación e do requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Pantón (expediente IN407A 2024/189 ATE).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, consonte o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas a ocupación e o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación que se sinala no cadro anexo.

Lugo, 19 de xuño de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/189 ATE.

Denominación: Regulamentación LMTA PRS802 no tramo entre os apoios núm. 110 e núm. 115, no concello de Pantón.

Núm. de predio

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Titular proposto

2

49

511

Coedo

Monte alto

Descoñecido