DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 8 de xullo de 2026 Páx. 38379

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado por Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 20, do 29 de xaneiro).

En sesión que tivo lugar o día 25 de xuño de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de marzo de 2025 (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2025), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado por Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. Declarar exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da convocatoria.

Segundo. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2026

José Antonio Varela Señarís
Presidente do tribunal