En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícanse a través deste anuncio os requirimentos de emenda e mellora das solicitudes que inician o procedemento ao abeiro da Orde do 21 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 24, do 5 de febreiro de 2026.
A través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si mesmas ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde teñen á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican e efectuar a emenda e mellora das solicitudes, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que, de non facer a emenda nun prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, practicada por comparecencia, se terán por desistidas da solicitudes, logo da resolución ditada ao abeiro do disposto nos artigos 21 e 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2026
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO
|
Núm. de expediente |
Persoa interesada DNI/NIE/pasaporte |
Acto que se notifica e data |
|
BS403B-2026-00002939 |
Z4304403G |
Requirimento de emenda da solicitude do 6.4.2026 |
|
BS403B-2026-00003164 |
71461734K |
Requirimento de emenda da solicitude do 6.4.2026 |
