DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 8 de xullo de 2026 Páx. 38444

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para o ingreso, como persoal funcionario de carreira, en prazas incluídas na oferta de emprego público dos anos 2023 e 2026.

No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo número 133, do 12 de xuño de 2026, publícase a convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para o ingreso, na Deputación Provincial de Lugo, nas prazas de persoal funcionario de carreira que a seguir se sinalan, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2023 e 2026:

– Dúas prazas de enxeñeiro/a técnico/a agrícola do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala de Administración especial, subescala técnica, clase de técnicos/as medios, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, cota xeral, acceso libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, así como no taboleiro de edictos e na web da Deputación Provincial.

Lugo, 16 de xuño de 2026

A presidenta da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 14.1.2026)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo