DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Mércores, 8 de xullo de 2026 Páx. 38437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de xuño de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican as resolucións de corrección de erros de concesións de augas (expedientes DH.B36.2456 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo as resolucións de correccións de erros de expedientes de concesións de augas, por ser detectado algún erro material, ditados no expediente DH.B36.2456 e oito máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data da resolución

DH.B36.2456

35978376M

12.5.2026

DH.A36.11357

76791921G

12.5.2026

DH.B27.06228

33993241T

12.5.2026

DH.A36.16186

G94095734

12.5.2026

DH.A36.18115

35211008D

12.5.2026

DH.A36.18066

35380460C

12.5.2026

DH.A36.17648

G36331551

12.5.2026

DH.A36.17837

35154572S

12.5.2026

DH.B36.16035

77402914W

12.5.2026