Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), emprázase para o trámite de audiencia a persoa indicada no anexo no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque se descoñece o lugar en que efectuar a notificación correspondente.
A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contado a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar por escrito as alegacións, documentos e/ou xustificacións que considere pertinentes. Para iso pode consultar o seu expediente na sede do Departamento Territorial de Ourense, avenida da Habana, 79, 1º, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o dito prazo, e vistas as alegacións, documentos e/ou xustificacións que consten no expediente, ditarase a resolución que proceda.
Ourense, 23 de xuño de 2026
Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Número de expediente |
Pasaporte |
Acto notificado |
|
OU-2024/00115 |
GH675665 |
Emprazamento para o trámite de audiencia no procedemento de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia |
