Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións das súas solicitudes de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordadas pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, encóntrase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo tribunal de instancia correspondente, que poderá impor, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Pontevedra, 26 de xuño de 2026
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
|
PR 204A 2026/2950-4 |
36134856Q |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/2952-4 |
35568794F |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/2986-4 |
73240647E |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/3572-4 |
39641742T |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/3677-4 |
36056365R |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/3708-4 |
B36205375 |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/3710-4 |
35482322S |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/3779-4 |
35466636S |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/3835-4 |
Y9525142M |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/4023-4 |
35290555E |
Denegatoria |
|
PR 204A 2026/4185-4 |
54230999N |
Denegatoria |
