Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», notifícase ás persoas interesadas sinaladas no anexo a consignación de depósitos previos, a ocupación, o inicio dos prazos de mutuo acordo e de presentación da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Parque eólico Muras, repotenciación (expediente IN408A 2024/010).
As persoas interesadas poderán solicitar copia da acta previa á ocupación, da folla de valoración do depósito previo á ocupación, do xustificante da súa consignación, así como o levantamento do dito depósito ante o Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, achegando xunto coa solicitude copia do DNI, documentación acreditativa da titularidade do predio e certificación bancaria que indique o número de conta para efectuar o ingreso.
O importe do dito depósito previo, no caso de non ser retirado neste momento, poderá aboarse tamén no momento en que se efectúe o pagamento do prezo xusto (para o que será oportunamente citado). Este importe non se corresponde coa cantidade ofertada pola entidade beneficiaria nin coa que, no seu día, determine o Xurado de Expropiación de Galicia como prezo xusto, senón coa cantidade previa legalmente exixida para autorizar a ocupación dos predios.
Así mesmo, de acordo co artigo 24 da Lei de expropiación forzosa (LEF), os titulares dos predios indicados no anexo dispoñen de 15 días desde este anuncio para convir libremente e por mutuo acordo o prezo da expropiación coa entidade beneficiaria, sen prexuízo de que en calquera fase posterior da tramitación poidan chegar a ese mutuo acordo. Cumprido o referido prazo, e de acordo co artigo 29 da Lei de expropiación forzosa, os titulares quedan formalmente requiridos, para que, no prazo de 20 días, presenten a folla de valoración en que concreten o valor da indemnización que consideren que lles corresponde sobre o ben obxecto de expropiación. A folla de valoración deberá estar debidamente motivada e poderá estar avalada coa sinatura dun perito que reúna os requisitos establecidos no artigo 31 do Regulamento da Lei de expropiación (Decreto do 26 de abril de 1957). No caso de non presentar a dita folla de valoración no prazo sinalado, esta administración procederá conforme o establecido no artigo 30.2 da LEF.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2026
Manuela Fernández Caloto
Xefa do Servizo de Coordinación de Enerxías Renovables
ANEXO
Relación de persoas interesadas ás cales se dirixe esta notificación
Número de expediente: IN408A 2024/010.
Denominación do proxecto: Parque eólico Muras, repotenciación.
Beneficiaria: Iberdrola Renovables Galicia, S.A.
Situación: concellos de Muras e Ourol (Lugo).
|
Predio |
Concello |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
|
13 |
Muras |
Polígono:35 Parcela: 3 |
Palmira Pernas Guerrero |
|
36 |
Muras |
Polígono: 37 Parcela: 265 |
Veciños de Debodas PQ Muras |
|
58 |
Muras |
Polígono: 44 Parcela: 64 |
Cuiña, S.A. |
|
92 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 521 |
Hdros. José Puentes Rouco |
|
93 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 522 |
Hdros. José Puentes Rouco |
|
106 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 283 |
Ana María Bouza Corral |
|
106 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 283 |
María Mercedes Bouza Corral |
|
106 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 283 |
Lucía Bouza Corral |
|
111 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 288 |
Ana María Bouza Corral |
|
111 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 288 |
María Mercedes Bouza Corral |
|
111 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 288 |
Lucía Bouza Corral |
|
117 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 304 |
Ana María Bouza Corral |
|
117 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 304 |
María Mercedes Bouza Corral |
|
117 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 304 |
Lucía Bouza Corral |
|
122 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 295 |
Hdros. José Puentes Rouco |
|
127 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 160 |
Ana María Bouza Corral |
|
127 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 160 |
María Mercedes Bouza Corral |
|
127 |
Muras |
Polígono: 65 Parcela: 160 |
Lucía Bouza Corral |
|
145 |
Muras |
Polígono: 31 Parcela: 41 |
Montes Abertais da Gañidoira |
|
149 |
Muras |
Polígono: 31 Parcela: 42 |
Montes Abertais da Gañidoira |
|
171 |
Muras |
Polígono: 30 Parcela: 101 |
Montes Abertais da Gañidoira |
|
189-1 |
Ourol |
Polígono: 179 Parcela: 41 |
Descoñecido |
|
189-4 |
Ourol |
Polígono: 179 Parcela: 41 |
Descoñecido |
|
189-5 |
Ourol |
Polígono: 179 Parcela: 41 |
Descoñecido |
|
189-6 |
Ourol |
Polígono: 179 Parcela: 41 |
Descoñecido |
|
189-7 |
Ourol |
Polígono: 179 Parcela: 41 |
Descoñecido |
