A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 24 de abril de 2026, ditou resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número LUG/45/2016-RP1 (procedemento de execución forzosa LU-0022-2026).
Ao non poderse realizar a notificación da resolución ás persoas interesadas con DNI 33849976W e 33322138Z , mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita na rúa dos Camiños da Vida, s/n, no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, as persoas interesadas poden interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producida a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste, e lles sirva de notificación ás citadas persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
