Está en trámite unha concesión administrativa a favor da Confraría de Pescadores de Muros para a ocupación das instalacións 12.38.EDF.008 e 12.38.OBR.001 do dominio público portuario para fábrica de xeo, cámaras frigoríficas e lavado de caixas, no porto de Muros, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 6.5.2026, con base no documento técnico Memoria para a modernización do sistema de extracción de xeo na fábrica de xeo de Muros, asinado en marzo de 2026 por Iván Toubes Fernández, enxeñeiro técnico industrial, colexiado número 2961.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14.12.2017), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do porto, núm. 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 26 de xuño de 2026
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
