DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 10 de xullo de 2026 Páx. 38957

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de xuño de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos a revisións de esbozos (expediente 23_78 e trece máis).

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o Xurado, na reunión celebrada o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 12.6.2026 figuran os seguintes acordos:

– MVMC Vacariza, Cuteiro, Ransedo, Queimada e Coto, pertencente aos veciños da parroquia da Frairía, no concello de Castroverde. Expediente Castroverde/23_78/2025_26RE.

O 11.6.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade da Frairía para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a delimitación gráfica que achegan. O 26.1.2026 presentaron unha emenda da solicitude tendo en conta o requirimento que lles foi enviado previamente.

O 11.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Vacariza, Cuteiro, Ransedo, Queimada e Coto en 97,65 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– MVMC Vilar, Ameiros e Cumbraos, pertencente aos veciños da parroquia de Cuíña, no concello de Lugo. Expediente Lugo/16_83/2025_31RE.

O 7.7.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Cuíña para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a delimitación gráfica que achegan. Na tramitación do procedemento, tras darlle audiencia, o Concello de Lugo presentou alegacións en que expón a súa desconformidade con incorporar no MVMC tres parcelas das que é titular catastral.

Tendo en conta o anterior, o 21.10.2025 notificóuselle á comunidade de Cuíña a proposta de exclusión dos terreos reclamados polo Concello, motivada pola súa oposición a integralos no MVMC. Na notificación advertíaselles de que, no caso de non presentaren alegacións no prazo conferido, se entendería a súa conformidade. A comunidade de Cuíña non formulou alegacións nin oposición.

O 5.6.2026, o Servizo de Montes elaborou a proposta, que incorpora a nova cartografía do 3.3.2026, na cal se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Vilar, Ameiros e Cumbraos en 26,42 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– MVMC Coutada e Pena da Sarna, pertencente aos veciños da parroquia de Barredo, no concello de Castroverde. Expediente Castroverde/20_78/2025_36RE.

O 15.7.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Barredo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal conforme a delimitación gráfica que achegan.

O 11.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Coutada e Pena da Sarna en 156,38 hectáreas.

Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a exclusión dunha parcela con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar documentación suficiente que desvirtúe a presunción da propiedade. Así mesmo, non se acepta a exclusión da zona interior que supoñería un encravado inexistente no esbozo orixinal, por entender que tal pretensión excede o obxecto e a natureza do propio procedemento de revisión cartográfica.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– MVMC Orgo, pertencente aos veciños dos lugares de Ferreira, Ferreiroa, Lamelas, Coto, Vilagondriz, Caldas, Escairo, Rego e Ramil, da parroquia de Lanzós, no concello de Vilalba. Expediente Vilalba/130_79/2025_39RE.

O 22.7.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade propietaria do MVMC Orgo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte, conforme a delimitación gráfica que achegan.

O 11.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Orgo en 399,43 hectáreas.

Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a exclusión de dúas parcelas con titularidade catastral a favor da propia comunidade, ao non constar documentación suficiente que desvirtúe a presunción da propiedade. Así mesmo, non se incorporan aquelas parcelas de titularidade particular das que non achegaron o recoñecemento por parte dos seus titulares catastrais.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

– MVMC Mexacas, Poste, Teso, Penedo, Serra de Rubián e Devesela, pertencente aos veciños de Rubián, no concello de Bóveda. Expediente Bóveda/3_2009/2025_43RE.

O 30.7.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Rubián para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.

O 11.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Mexacas, Poste, Teso, Penedo, Serra de Rubián e Devesela en 54,87 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo V, ao final deste anuncio.

– MVMC Vilela, pertencente aos veciños do lugar de Vilela, na parroquia de Son, concello de Navia de Suarna. Expediente 134_78/2025_46RE.

O 12.8.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Vilela para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. Tras unha primeira emenda presentada o 16.10.2025, reiteróuselles o requirimento por resultar incompleto o consentimento dos titulares dunha parcela obxecto de inclusión, sen que a nova resposta se axuste ao solicitado.

O 8.4.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Vilela en 75,20 hectáreas.

Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a modificación do esbozo na contorna da parcela 27034A08000070, debido á falta do consentimento dos seus titulares catastrais.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VI, ao final deste anuncio.

– MVMC Verín e Carrás, pertencente aos veciños da Cazolga e O Mogo, na parroquia de Lourenzá, concello de Lourenzá. Expediente 36_80/2025_47RE.

O 13.8.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Cazolga e Mogo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.

O 2.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Verín e Carrás en 152,14 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VII, ao final deste anuncio.

– MVMC Froxán, pertencente aos veciños do lugar de Froxán, na parroquia de Vilamor, concello de Folgoso do Courel. Expediente 83_75/2025_50RE.

O 25.8.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Froxán para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.

O 2.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Froxán en 1.010,76 hectáreas.

Cabe sinalar que na proposta non se aceptou a exclusión dunha parcela interior que supoñería un encravado, inexistente no esbozo orixinal, por entender que tal pretensión excede o obxecto e a natureza do propio procedemento de revisión cartográfica.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo VIII, ao final deste anuncio.

– MVMC San Salvador, pertencente aos veciños da parroquia de Insua, no concello de Taboada. Expediente 75_83/2025_54RE.

O 28.8.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Insua para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.

O 2.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC San Salvador en 39,51 hectáreas.

Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a incorporación de dúas parcelas de titularidade particular ao non constar ningún documento de recoñecemento por parte dos seus titulares catastrais.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo IX, ao final deste anuncio.

– MVMC Trabado, pertencente aos veciños do lugar de Trabado, na parroquia de Cereixedo, concello de Cervantes. Expediente 96_78/2025_57RE.

O 1.9.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Trabado para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan. O 12.12.2025, presentaron a certificación acreditativa do acordo da comunidade en asemblea. O 25.2.2026 tivo entrada a emenda da solicitude tendo en conta o requirimento que lles foi enviado.

O 27.4.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Trabado en 271,75 hectáreas.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo X, ao final deste anuncio.

– MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros, pertencente aos veciños da parroquia da Meda, no concello de Castroverde. Expediente 25_78/2025_59RE.

O 29.9.2025 tivo entrada unha solicitude formulada pola comunidade da Meda para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.

O 6.4.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros en 677,06 hectáreas.

Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a incorporación dunha parcela de titularidade particular ao non constar ningún documento de recoñecemento por parte dos seus titulares catastrais.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XI, ao final deste anuncio.

– MVMC Hórreos, pertencente aos veciños do lugar de Hórreos, na parroquia de Hórreos, concello de Folgoso do Courel. Expediente 85_75/2025_64RE.

O 17.10.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Hórreos para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.

O 2.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Hórreos en 346,75 hectáreas.

Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a incorporación de catro parcelas de titularidade particular ao non constar ningún documento de recoñecemento por parte dos seus titulares catastrais.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XII, ao final deste anuncio.

– MVMC Rebordaos, pertencente aos veciños da parroquia de Rebordaos, no concello do Saviñao. Expediente 5_99/2025_65RE.

O 20.10.2025 tivo entrada unha solicitude da comunidade de Rebordaos para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan.

O 2.3.2026, o Servizo de Montes elaborou unha proposta en que se recolle a definición do novo esbozo revisado e fixa a superficie resultante do MVMC Rebordaos en 103,92 hectáreas.

Cabe sinalar que na dita proposta se desestima a incorporación dunha parcela de titularidade particular, ao non constar o recoñecemento por parte dos seus titulares catastrais nin se acreditar a adquisición por parte da comunidade.

Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á incorporación do novo esbozo ao expediente.

O novo esbozo correspóndese co plano do anexo XIII, ao final deste anuncio.

– MVMC Fonteo, pertencente aos veciños da parroquia de Fonteo, no concello de Baleira. Expediente 55_77/2020_68.

Revisados asuntos pendentes de acordar no Xurado, o Servizo de Montes comprobou que o 31.12.2020 tivera entrada unha solicitude formulada pola comunidade de Fonteo para que se proceda á revisión do esbozo do seu monte veciñal, conforme a delimitación gráfica que achegan (e que foi emendada o 6.4.2022 por requirimento daquel).

Tamén consta que o 3.11.2022 o Servizo de Montes emitira un informe en que indicaba a inviabilidade da revisión solicitada, pois propoñía a reincorporación de terreos que foron expresamente excluídos por particións xudiciais, as cales motivaron a modificación aprobada polo Xurado o 12.12.2001. Así mesmo, a proposta modificaba os límites con outros MVMC, o que require dun procedemento de deslindamento previsto no artigo 53 da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e non dunha revisión do esbozo. Porén, non se deu traslado ao Xurado para os efectos oportunos.

Tendo en conta o anterior, o Xurado, por unanimidade, acorda non aceptar a revisión do esbozo do MVMC Fonteo.

Contra estes acordos poderá interpoñerse, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 23 de xuño de 2026

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Plano do MVMC Vacariza, Cuteiro, Ransedo, Queimada e Coto

missing image file

ANEXO II

Plano do MVMC Vilar, Ameiros e Cumbraos

missing image file

ANEXO III

Plano do MVMC Coutada e Pena da Sarna

missing image file

ANEXO IV

Plano do MVMC Orgo

missing image file

ANEXO V

Plano do MVMC Mexacas, Poste, Teso, Penedo, Sª Rubián e Devesela

missing image file

ANEXO VI

Plano do MVMC Vilela

missing image file

ANEXO VII

Plano do MVMC Verín e Carrás

missing image file

ANEXO VIII

Plano do MVMC Froxán

missing image file

ANEXO IX

Plano do MVMC San Salvador

missing image file

ANEXO X

Plano do MVMC Trabado

missing image file

ANEXO XI

Plano do MVMC Amorín, San Fitoiro, Sales, Monciro e Salgueiros

missing image file

ANEXO XII

Plano do MVMC Hórreos

missing image file

ANEXO XIII

Plano do MVMC Rebordaos

missing image file