DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 10 de xullo de 2026 Páx. 38980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, de imposible notificación do trámite de audiencia da solicitude de cambio de titularidade, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de San Tomé (Cartelle-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 26 de xuño de 2026

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

NIF 71332994N

Trámite de audiencia do cambio de titularidade

San Tomé (Cartelle-Ourense)