Na sesión que tivo lugar o 2 de xullo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 9 de decembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 239, do 11 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar os días 14, 15 e 16 de xullo de 2026, na sala D, situada na planta baixa do Edificio Administrativo de San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.
O día 14 de xullo realizarase un chamamento único, ás 15.00 horas, para realizar o segundo exercicio na indicada sala D, ás seguintes persoas aspirantes:
– Fernández Domato, Yago.
– González García, María del Mar.
– Lage Otero, María Magdalena.
O día 15 de xullo realizarase un chamamento único, ás 15.00 horas, para realizar o segundo exercicio na indicada sala D, ás seguintes persoas aspirantes:
– Ortega Iñarrea, María de los Remedios.
– Temperán Becerra, José Carlos.
– Varela Manso, Obdulia María.
O día 16 de xullo realizarase un chamamento único, ás 15.00 horas, para realizar o segundo exercicio na indicada sala D, ás seguintes persoas aspirantes:
– Ancosmede Garduño, Cristina.
– Bea Vidal, Ana Teresa.
As persoas aspirantes deberán presentarse ao exercicio provistas do NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.
De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, para a preparación da unidade didáctica o persoal aspirante disporá dunha hora e poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.).
Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá unha páxina e que se lle entregará ao tribunal ao final da exposición.
A persoa aspirante disporá dun tempo máximo dunha hora para a defensa oral da programación, a exposición da unidade didáctica e o posterior debate ante o tribunal. O persoal aspirante iniciará a súa exposición coa defensa da programación didáctica presentada, que non poderá exceder os vinte minutos e, a seguir, realizará a exposición da unidade didáctica, que non excederá os trinta minutos. A duración do debate, se é o caso, non poderá exceder os dez minutos.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026
Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal
