DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Venres, 10 de xullo de 2026 Páx. 38982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2026 pola que se dá publicidade do cofinanciamento de actuacións de obras e servizos hidráulicos contratadas cos fondos da Unión Europea procedentes do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coas exixencias de información e publicidade das actuacións cofinanciadas por estes fondos, en concreto de conformidade co regulado no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060, do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e a política de visados, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e na demais normativa de aplicación, que a continuación se indican, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1. Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia.

1.2. Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5. Código NUTS: ES111.

1.6. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7. Fax: 981 95 74 03.

1.8. Teléfono: 981 95 74 01.

1.9. Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10. Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1. Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2. Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Actuacións contratadas:

3.1. Obxecto e descrición da actuación contratada: contrato de obra da nova estación depuradora de augas residuais do concello de Barro. Barro (Pontevedra).

3.1.1. Referencia de expediente: AUG-2025-0084.

3.1.2. Código/s CPV: 45232410-9 (obras de saneamento) e 45232420-2 (construción de planta depuradora de augas residuais).

3.1.3. Código/s NUTS do lugar principal da actuación: ES114 Barro (Pontevedra).

3.1.4. Tipo de procedemento de adxudicación e tramitación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

3.1.5. Orzamento base de licitación: importe neto: 2.612.162,31 euros. Importe total: 3.160.716,40 euros.

3.1.6. Valor estimado do contrato: 2.612.162,31 euros. Coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

3.1.7. Prazo de execución da actuación contratada: 10 meses.

3.1.8. Criterios de adxudicación:

3.1.8.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

3.1.8.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), memoria descritiva do proceso de execución da obra (17), programa de construción da obra (12), medidas para o impulso demográfico (10), plan de control de calidade da execución da obra (8), plan de proba dos equipamentos electromecánicos ou automatismos (6), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (4) e mellora de índole técnica vinculada á execución da obra (2).

3.1.9. Data da adxudicación do contrato: 17 de outubro de 2025.

3.1.10. Número de ofertas recibidas:

3.1.10.1. Ofertas totais: 12.

3.1.10.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 10.

3.1.10.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

3.1.10.4. Ofertas por vía electrónica: si.

3.1.11. Data de formalización ou celebración do contrato: 11 de novembro de 2025.

3.1.12. Empresa contratista:

3.1.12.1. Nome da empresa: Prace Servicios y Obras, S.A. & Teswater Global, S.L.U. Unión temporal de empresas.

3.1.12.2. NIF: U23931025.

3.1.12.3. Enderezo: r/ María Berdiales, 7, oficina 9, 36203 Vigo (Pontevedra).

3.1.12.4. Código NUTS: ES114.

3.1.12.5. Correo electrónico: info@prace.es

3.1.12.6. Fax: 981 11 40 22.

3.1.12.7. Teléfono: 678 68 98 31.

3.1.12.8. Pequena ou mediana empresa: si.

3.1.13. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 2.470.583,12 euros. Importe total: 2.989.405,58 euros.

3.1.14. Publicacións do contrato no perfil de contratante: anuncio de licitación o 13 de maio de 2025, resolución da adxudicación o 24 de outubro de 2025 e formalización do contrato o 19 de novembro de 2025.

3.2. Obxecto e descrición da actuación contratada: contrato do servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de nova estación depuradora de augas residuais do concello de Barro. Barro (Pontevedra).

3.2.1. Referencia de expediente: AUG-2025-0086.

3.2.2. Código/s CPV: 71311100-2 (servizos de asistencia en enxeñaría civil).

3.2.3. Código/s NUTS do lugar principal da actuación: ES114 Barro (Pontevedra).

3.2.4. Tipo de procedemento de adxudicación e tramitación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

3.2.5. Orzamento base de licitación: 94.146,06 euros. Importe total: 113.916,73 euros.

3.2.6. Valor estimado do contrato: 137.328,01 euros. Inclúe o orzamento base de licitación (94.146,06 euros) e a/as posible/s prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (43.181,95 euros).

3.2.7. Prazo de execución da actuación contratada: 10 meses. Previsión de posibles prórrogas contractuais ata un máximo de 5 meses.

3.2.8. Criterios de adxudicación:

3.2.8.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

3.2.8.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (20), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipos e unidades de obra (17), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (12) e medidas para o impulso demográfico (10).

3.2.9. Data da adxudicación do contrato: 13 de novembro de 2025.

3.2.10. Número de ofertas recibidas:

3.2.10.1. Ofertas totais: 6.

3.2.10.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 4.

3.2.10.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

3.2.10.4. Ofertas por vía electrónica: si.

3.2.11. Data de formalización ou celebración do contrato: 1 de decembro de 2025.

3.2.12. Empresa contratista:

3.2.12.1. Nome da empresa: Consultora de Ingeniería Medio Ambiente y Arquitectura, S.L.

3.2.12.2. NIF: B15952369.

3.2.12.3. Enderezo: r/ Bugallal Marchesi, 12, 1º D, 15008 A Coruña.

3.2.12.4. Código NUTS: ES111.

3.2.12.5. Correo electrónico: administracion@cimarq.es

3.2.12.6. Fax: 981 90 31 96.

3.2.12.7. Teléfono: 610 61 02 05.

3.2.12.8. Pequena ou mediana empresa: si.

3.2.13. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 80.711,42 euros. Importe total: 97.660,82 euros.

3.2.14. Publicacións do contrato no perfil de contratante: anuncio de licitación o 23 de maio de 2025, resolución da adxudicación o 14 de novembro de 2025 e formalización do contrato o 14 de decembro de 2025.

3.3. Obxecto e descrición da actuación contratada: contrato do servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación da nova estación depuradora de augas residuais do concello de Barro. Barro (Pontevedra).

3.3.1. Referencia de expediente: AUG-2025-0087.

3.3.2. Código/s CPV: 71317200-5 (servizos de saúde e seguridade).

3.3.3. Código/s NUTS do lugar principal da actuación: ES114 Barro (Pontevedra).

3.3.4. Tipo de procedemento de adxudicación e tramitación: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

3.3.5. Orzamento base de licitación: importe neto: 64.501,55 euros. Importe total: 78.046,88 euros.

3.3.6. Valor estimado do contrato: 96.313,82 euros. Inclúe o orzamento base de licitación (64.501,55 euros) e a/as posible/s prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (31.812,27 euros).

3.3.7. Prazo de execución da actuación contratada: 10 meses. Previsión de posibles prórrogas contractuais ata un máximo de 5 meses.

3.3.8. Criterios de adxudicación:

3.3.8.1. Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

3.3.8.2. Criterios de adxudicación (en orde decrecente por puntuación e ponderación): proposición económica (41), análise do documento técnico da obra (15), metodoloxía proposta sobre a coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución da obra (15), análise da posible coordinación de actividades empresariais e procedemento previsto para levala a cabo (12), medidas para o impulso demográfico (10) e sistema de seguimento da programación da obra (7).

3.3.9. Data da adxudicación do contrato: 18 de novembro de 2025.

3.3.10. Número de ofertas recibidas:

3.3.10.1. Ofertas totais: 10.

3.3.10.2. Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 8.

3.3.10.3. Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

3.3.10.4. Ofertas por vía electrónica: si.

3.3.11. Data de formalización ou celebración do contrato: 1 de decembro de 2025.

3.3.12. Empresa contratista:

3.3.12.1. Nome da empresa: Control y Geología, S.A.

3.1.12.2. NIF: A28494359.

3.3.12.3. Enderezo: r/ Raimundo Fernández Villaverde, 42, 28003 Madrid.

3.3.12.4. Código NUTS: ES300.

3.3.12.5. Correo electrónico: licitaciones@cygsa.com

3.3.12.6. Fax: 915 54 25 13.

3.3.12.7. Teléfono: 915 54 88 16.

3.3.12.8. Pequena ou mediana empresa: si.

3.3.13. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 53.600,79 euros. Importe total: 64.856,96 euros.

3.3.14. Publicacións do contrato no perfil de contratante: anuncio de licitación o 23 de maio de 2025, resolución da adxudicación o 20 de novembro de 2025 e formalización do contrato o 14 de decembro de 2025.

4. Información sobre os proxectos ou programas cofinanciados con fondos da Unión Europea relacionado coas actuacións contratadas:

Actuacións de obras e servizos hidráulicos cofinanciadas pola Unión Europea co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

As actuacións encádranse dentro do programa no obxectivo político OP2: unha Europa máis verde, baixa en carbono en transición cara a unha economía con cero emisións netas de carbono e resiliente, promovendo unha transición enerxética limpa e equitativa, o investimento verde e azul, a economía circular, a mitigación e adaptación ao cambio climático, a prevención e xestión de riscos e a mobilidade urbana sustentable; prioridade de investimento P2F: economía circular e eficiencia en recursos; obxectivo específico 2.5: o fomento do acceso á auga e dunha xestión hídrica sustentable; liña de actuación 2.5.05: investimentos en materia de saneamento e depuración necesarios para o cumprimento das directivas en materia de augas; ámbito de intervención 066: recollida e tratamento de augas residuais de acordo cos criterios de eficiencia enerxética; operación: nova estación depuradora de augas residuais do concello de Barro. Barro (Pontevedra).

Así mesmo, por mor do cofinanciamento co programa Galicia Feder 2021-2027, resulta aplicable, ademais do referido Regulamento (UE) nº 2021/1060, o Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión.

5. Servizo do que se pode obter información sobre os contratos formalizados.

5.1. Nome: Contratación de Augas de Galicia.

5.2. Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

5.3. Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

5.4. Código postal: 15781.

5.5. Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

5.6. Fax: 981 95 74 03.

5.7. Teléfono: 981 95 74 01.

6. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para as actuacións contratadas: non procede.

7. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contratos cubertos polo Acordo sobre contratación pública.

8. Outras informacións:

8.1. Cofinanciamento das actuacións co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

O financiamento europeo inicialmente previsto das actuacións durante a tramitación do expediente de contratación e a execución destas foron cos fondos da Unión Europea procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Non obstante, procedeuse ao cambio do seu cofinanciamento co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 70 % do gasto elixible no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, por teren as actuacións seleccionadas encaixe no dito programa ao resultaren axustadas e conformes co contido e coa normativa de aplicación ás axudas cofinanciadas cos fondos Feder.

8.2. Actuacións compatibles co principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio do no significant harm-DNSH).

Ás actuacións resúltalles de aplicación durante a súa execución o principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (principio do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do dito Regulamento (UE) nº 2021/1060, isto é, as actuacións non incidiron negativamente en ningún dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088 (Regulamento de taxonomía): mitigación do cambio climático; adaptación ao cambio climático; uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños; economía circular, incluídos a prevención e a reciclaxe de residuos; prevención e control da contaminación á atmosfera, á auga ou ao solo; e protección e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas. O dito regulamento establece a implantación dun sistema de clasificación (ou taxonomía) das actividades económicas ambientalmente sustentables.

As actuacións son compatibles co principio DNSH de acordo coa documentación que rexe nelas ao non xeraren impactos negativos significativos no ambiente en atención á súa propia natureza e características específicas.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2026

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia