De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia de Lugo que se relacionan no anexo a baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
O que se lles notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 29 de xuño de 2026
Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo
ANEXO
|
Signatura |
Denominación |
Titular |
Enderezo |
Localidade |
|
V-LU-006267 |
Nadela |
Carballeira Hostelería, S.L. |
Nadela, 50 |
Lugo |
|
R-LU-001171 |
Nadela |
Carballeira Hostelería, S.L. |
Nadela, 50 |
Lugo |
|
H-LU-000874 |
Nadela |
Carballeira Hostelería, S.L. |
Nadela, 50 |
Lugo |
