DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Luns, 13 de xullo de 2026 Páx. 39123

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2026 pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocados pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril).

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 15 de xuño de 2026 (DOG núm. 114, do 19 de xuño), modificada pola Resolución do 22 de xuño de 2026 (DOG núm. 116, do 23 de xuño) ao cal foi convocado o persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65 de 4 de abril), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar, con carácter definitivo, os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocados polas resolucións da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril).

Segundo. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 15 de setembro de 2026.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día 16 de setembro de 2026.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nº orde de elección de destino

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código do posto

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgr.

Niv.

Formación

Observ.

1

***7848**

Pérez Dorado, Patricia

Excedencia por prestación de servizos no sector público

2

***5743**

Serrano Téllez, María Nuria

2

CU5010000315770010

Técnico/a superior de museos

CU

Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

Dirección Xeral de Cultura

Santiago de Compostela

A1

22

648

3

***5558**

Rodríguez González, Avelino

4

CUC995020132001005

Técnico/a superior de museos

CU

Museo Ourense

Servizos periféricos

Ourense

A1

22

648

Xornada mañá ou tarde

4

***4813**

Engroba Cabana, Sonia

1

CUC995020127100007

Técnico/a superior de museos

CU

Museo Castro de Viladonga (Lugo)

Servizos periféricos

Castro de Rei

A1

22

648

Xornada mañá ou tarde

Código

Descrición

648

Certificación negativa do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño (R.I.).