Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 15 de xuño de 2026 (DOG núm. 114, do 19 de xuño), modificada pola Resolución do 22 de xuño de 2026 (DOG núm. 116, do 23 de xuño), a que foi convocado o persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocados pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril) e polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.
Segundo. Adxudicarlle con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril).
Terceiro. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 15 de setembro de 2026.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día 16 de setembro de 2026.
Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e que foron convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), será de quince (15) días naturais a partir do 16 de setembro, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a súa elección de destino se convoque ou resolva en período estival (meses de xullo, agosto e setembro).
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº de orde de elección de destino |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgr. |
Niv. |
Formación |
Observ. |
|
1 |
***8295** |
Alonso Cerdeiras, María del Rosario |
2 |
CU5010000115770036 |
Técnico/a medio/a de bibliotecas |
CU |
S. X. de Bibliotecas e do Libro |
Dirección Xeral de Cultura |
Santiago de Compostela |
A2 |
18 |
648 |
Xornada mañá ou tarde |
|
2 |
***0202** |
Martínez Bermúdez, Beatriz |
Excedencia por prestación de servizos no sector público |
||||||||||
|
3 |
***9266** |
Miguélez García, Iria |
3 |
CUC995010132001008 |
Técnico/a medio/a de bibliotecas |
CU |
Biblioteca Ourense |
Servizos periféricos |
Ourense |
A2 |
18 |
648 |
Xornada mañá ou tarde |
|
4 |
***8809** |
Sanmartín Cardama, Maite |
Excedencia por prestación de servizos no sector público |
||||||||||
|
5 |
***0460** |
Mouzo López, Silvia |
Excedencia por prestación de servizos no sector público |
||||||||||
|
6 |
***0013** |
Rodeiro Servia, María Dolores |
1 |
CUC995010136001008 |
Técnico/a medio/a de bibliotecas |
CU |
Biblioteca Pontevedra |
Servizos periféricos |
Pontevedra |
A2 |
18 |
648 |
Xornada mañá ou tarde |
|
7 |
***8577** |
Penín Rodríguez, Mónica |
6 |
CUC995010132001010 |
Técnico/a medio/a de bibliotecas |
CU |
Biblioteca Ourense |
Servizos periféricos |
Ourense |
A2 |
18 |
648 |
Xornada mañá ou tarde |
|
8 |
***9879** |
Álvarez Francisco, María Esther |
8 |
PEC994020136600045 |
Técnico/a medio/a de bibliotecas |
PE |
Centro de Investigacións Mariñas Corón-Vilanova de Arousa |
Servizos periféricos |
Vilanova de Arousa |
A2 |
16 |
||
|
9 |
***1335** |
Cabo Pérez, Carmen María |
4 |
CUC995010136001005 |
Técnico/a medio/a de bibliotecas |
CU |
Biblioteca Pontevedra |
Servizos periféricos |
Pontevedra |
A2 |
18 |
648 |
Xornada mañá ou tarde |
|
Código |
Descrición |
|
648 |
Certificación negativa do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño (R.I.). |
