Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 15 de xuño de 2026 (DOG núm. 114, do 19 de xuño), modificada pola Resolución do 22 de xuño de 2026 (DOG núm. 116, do 23 de xuño) a que foi convocado o persoal funcionario que superou algún dos procesos selectivos para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de delineantes, convocados pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo) e pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo de técnicos de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de delineantes, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.
Segundo. Adxudicar con carácter definitivo os postos que figuran no anexo desta resolución ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de delineantes, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2023 (DOG núm. 140, do 24 de xullo).
Terceiro. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
O cesamento deberá efectuarse o día 15 de setembro de 2026.
Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles e deberá computarse desde o día 16 de setembro de 2026.
Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e que foron convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) será de 15 días naturais a partir do 16 de setembro, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a súa elección de destino se convoque ou resolva en período estival (meses de xullo, agosto e setembro).
No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, que poderán tomar posesión durante esta situación.
Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº de orde de elección de destino |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
|
1 |
***7534** |
Nogueiro Sotelo, Ana María |
Excedencia por prestación de servizos no sector público |
||||||||
|
2 |
***6256** |
Sánchez Valiño, Iván |
Excedencia por prestación de servizos no sector público |
||||||||
|
3 |
***2326** |
Cruz Raña, Sandra |
7 |
MRC060000115770015 |
Xefatura negociado de Delineación |
MR |
S. X. de Infraestruturas Agrarias |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural |
Santiago de Compostela |
C1 |
18 |
|
4 |
***6351** |
Aguiar Paz, Ana María |
9 |
IVA191000015001030 |
Xefatura negociado de Delineación I |
IV |
Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña |
Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos) |
A Coruña |
C1 |
18 |
|
5 |
***3595** |
García Souto, Beatriz |
3 |
IVC991000015001230 |
Delineante |
IV |
Departamento Territorial da Coruña |
Servizos periféricos |
A Coruña |
C1 |
18 |
|
6 |
***5447** |
Comesaña Alonso, Carmen |
10 |
IVA191000036001014 |
Xefatura negociado de Delineación I |
IV |
Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Pontevedra |
Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos) |
Pontevedra |
C1 |
18 |
|
7 |
***7340** |
Rey Rico, María del Mar |
4 |
PRC020000415770144 |
Delineante |
PR |
S. X. de Coordinación de Servizos Transversais |
Secretaría Xeral Técnica |
Santiago de Compostela |
C1 |
18 |
|
8 |
***9829** |
Míguez Varela, Mónica |
6 |
MAO310000015770008 |
Xefatura negociado de Delineación |
MA |
Instituto de Estudos do Territorio |
Instituto de Estudos do Territorio (IET) |
Santiago de Compostela |
C1 |
18 |
|
9 |
***0744** |
Mesías Díaz, Ana María |
8 |
IVK100000115770054 |
Xefatura negociado de Delineación |
IV |
S. X. da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística |
Axencia de Protección da Legalidade Urbanística/Dirección |
Santiago de Compostela |
C1 |
18 |
|
10 |
***3596** |
López Suárez, Margarita |
1 |
IVA191000027001021 |
Xefatura negociado de Delineación II |
IV |
Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo |
Axencia Galega de Infraestruturas (servizos periféricos) |
Lugo |
C1 |
18 |
|
11 |
***1365** |
Rivas Iglesias, María del Carmen |
2 |
MRC991040132001058 |
Xefatura negociado de Delineación |
MR |
Servizo de Infraestruturas Agrarias (Ourense) |
Servizos periféricos |
Ourense |
C1 |
18 |
