Unha vez rematados os procesos selectivos, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso ou de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista, convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificadas pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 12 de xuño de 2026 (DOG núm. 114, do 19 de xuño), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 40 do grupo I, titulado/a superior lingüista, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.
Para adquiriren a condición de persoal laboral fixo, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo de quince (15) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a súa elección de destino se convoque ou resolva en período estival (meses de xullo, agosto e setembro).
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Grupo |
Categoría |
Formación |
|
1 |
***9162** |
Fraga Vaamonde, |
Renuncia |
|||||||||
|
2 |
***0825** |
Prieto Rodríguez, María Pilar |
Renuncia |
|||||||||
|
3 |
***1285** |
Rodríguez Rodríguez, Anxela |
Renuncia |
|||||||||
|
4 |
***6833** |
Vega Prieto, María Antonia |
Renuncia |
|||||||||
|
5 |
***9508** |
Díaz Lastra, María Oliva |
Renuncia |
|||||||||
|
6 |
***0437** |
Domínguez Vázquez, |
Renuncia |
|||||||||
|
7 |
***6782** |
Quintáns Vigo, María Xosé |
Renuncia |
|||||||||
|
8 |
***8736** |
Vidal Reimúndez, Carme María |
Renuncia |
|||||||||
|
9 |
***3613** |
Pampín Otero, María del Carmen |
15 |
CU3191000036001050 |
Titulado/a superior lingüista |
CU |
Secretaría Xeral |
Secretaría Xeral da Lingua-servizos periféricos |
Pontevedra |
I |
40 |
Media xornada. A tempo parcial 7 meses/ano |
|
10 |
***4204** |
Rubinos Conde, Miguel |
16 |
CU3191000036001051 |
Titulado/a superior lingüista |
CU |
Secretaría Xeral |
Secretaría Xeral da Lingua-servizos periféricos |
Pontevedra |
I |
40 |
Media xornada. A tempo parcial 7 meses/ano |
|
11 |
***5840** |
Lestón Tobío, María Xosefa |
3 |
CU3191000015001053 |
Titulado/a superior lingüista |
CU |
Secretaría Xeral |
Secretaría Xeral da Lingua-servizos periféricos |
A Coruña |
I |
40 |
Media xornada. A tempo parcial 7 meses/ano |
|
12 |
***2883** |
Ramos Méndez, Margarita |
14 |
CU3191000027001050 |
Titulado/a superior lingüista |
CU |
Secretaría Xeral |
Secretaría Xeral da Lingua-servizos periféricos |
Lugo |
I |
40 |
Media xornada. A tempo parcial 7 meses/ano |
|
13 |
***6186** |
Campaña Potel, María Begoña |
1 |
CU3191000015001051 |
Titulado/a superior lingüista |
CU |
Secretaría Xeral (A Coruña) |
Secretaría Xeral da Lingua-servizos periféricos |
A Coruña |
I |
40 |
Media xornada. A tempo parcial 7 meses/ano |
|
14 |
***4508** |
Lema Salvado, Carlos |
2 |
CU3191000015001054 |
Titulado/a superior lingüista |
CU |
Secretaría Xeral |
Secretaría Xeral da Lingua-servizos periféricos |
A Coruña |
I |
40 |
Media xornada. A tempo parcial 7 meses/ano |
|
15 |
***0616** |
Caamaño Pérez, Laura |
4 |
CU3191000015001058 |
Titulado/a superior lingüista |
CU |
Secretaría Xeral da Lingua- |
Secretaría Xeral da Lingua-servizos periféricos |
A Coruña |
I |
40 |
Media xornada. A tempo parcial 7 meses/ano |
|
16 |
***8867** |
Gil Rodríguez, Laura |
5 |
CU3191000015001059 |
Titulado/a superior lingüista |
CU |
Secretaría Xeral |
Secretaría Xeral da Lingua-servizos periféricos |
A Coruña |
I |
40 |
Media xornada. A tempo parcial 7 meses/ano |
|
17 |
***3328** |
Borrajo Viana, Consuelo |
6 |
CU3191000015001060 |
Titulado/a superior lingüista |
CU |
Secretaría Xeral da Lingua- |
Secretaría Xeral da Lingua-servizos periféricos |
A Coruña |
I |
40 |
Media xornada. A tempo parcial 7 meses/ano |
