Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificado I do proxecto para LMT, CT e RBT estrada Albar, na casa do concello do Barco de Valdeorras, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer neste acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Ourense, 29 de xuño de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2023/149-3.
Instalación: Modificado I do proxecto para LMT, CT e RBT estrada Albar.
Concello: O Barco de Valdeorras.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Paraje |
Referencia catastral |
Titular |
Lugar da |
Data |
Hora |
|
1 |
Barxas |
32010A004015700000XB |
Descoñecido/a |
Casa do concello do |
21 de setembro de 2026 |
13.30 |
