DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 14 de xullo de 2026 Páx. 39482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 22 de xuño de 2026, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario para realizar a actividade de subministración de electricidade, no porto de Pontedeume (clave 12-10-25-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa a favor de Unión Fenosa Distribución, S.A. para a ocupación de dominio público portuario en Pontedeume, co fin de realizar a actividade de subministración de electricidade, de acordo coa resolución de inicio do trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 6.11.2025 e a acta de confrontación da ocupación, levantada pola Xefatura da Zona Centro o 18.11.2025, con base no documento técnico RBT rúa Cantón, núm. 2, Pontedeume, asinado o 30.1.2024, pola enxeñeira técnica industrial Susana Casais Pérez, colexiada núm. 2033.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficiñas da Zona Centro, sitas na avenida do porto, núm. 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 22 de xuño de 2026

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro