Por Resolución do 29 de xuño de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, anunciada no DOG núm. 125, do 7 de xullo de 2026, convocáronse para a súa provisión varios postos vacantes de persoal licenciado sanitario (xefaturas de Servizo de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras).
Advertido erro no anuncio da citada resolución, e de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta xerencia
DISPÓN:
Primeiro. Modificar o sumario do anuncio, de xeito que onde di: «polo procedemento de avaliación colexiada», debe dicir: «polo procedemento de libre designación»; cómpre tamén modificar o primeiro parágrafo da parte dispositiva, de xeito que onde di: «polo procedemento de avaliación colexiada», debe dicir: «polo procedemento de libre designación».
Segundo. Conceder un novo prazo de quince días hábiles para a presentación de solicitudes, contado desde o día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 8 de xullo de 2026
José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras
