De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas abaixo relacionadas o emprazamento para o trámite de audiencia co fin de ditar a oportuna resolución do expediente de cancelación individual. A eficacia do emprazamento queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado para formular as alegacións e xustificacións que consideren oportunas. Para isto, teñen á súa disposición os expedientes relacionados no Departamento Territorial da Coruña, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
Unha vez transcorrido este prazo, e á vista das alegacións, documentos e xustificacións que se presentasen, ditarase a resolución que corresponda.
A Coruña, 26 de xuño de 2026
María del Mar Ferreiro Broz
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/Pasaporte |
|
AC-PR212E/2026/01571 (AC-2024/00165) |
AX026350 |
|
AC-PR212E/2026/01700 (AC-2019/00058) |
FW509093 |
|
AC-PR212E/2026/01623 (AC-2025/00215) |
CO1979765 |
|
AC-PR212E/2026/01565 (AC-2016/00664) |
AAA280156 |
|
AC-PR212E/2026/01978 (AC-2025/00175) |
AAJ469267 |
