DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Martes, 14 de xullo de 2026 Páx. 39445

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa de peche dunha instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2026/049-4).

Expediente: IN407A 2026/049-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Desmontaxe do CT avenida Julián Valverde (36SEI1).

Concello: Baiona.

Feitos:

1. O 5.3.2026, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa de peche da instalación eléctrica denominada Desmontaxe do CT avenida Julián Valverde (36SEI1).

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Javier Fernández Pazos, colexiado 502 do Colexio Oficial de Graduados e Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense, e contén un orzamento total de 1.353,66 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade a retirada do centro de transformación avenida Julián Valverde (36SEI1) situado no concello de Baiona (Pontevedra), debido ao fin da súa vida útil.

2. Non hai administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas.

3. O 6.5.2026, os servizos técnicos deste departamento territorial emitiron un informe favorable á autorización administrativa de peche da instalación eléctrica Desmontaxe do CT avenida Julián Valverde (36SEI1).

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Retirada do centro de transformación avenida Julián Valverde (36SEI1) de tipo compacto 2L1P de 250 kVA, con relación 20000/400 V, situado na parcela con referencia catastral 5324148NG1652S0001MS, na avenida Julián Valverde, no concello de Baiona (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa de peche da instalación eléctrica denominada Desmontaxe do CT avenida Julián Valverde (36SEI1), expediente IN407A 2026/049-4.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada e de acordo coas seguintes condicións:

1. As características da desmontaxe da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación.

2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante o desmantelamento, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

3. En todo caso, terase en conta o disposto no Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro), para o desmantelamento da aparellaxe eléctrica.

4. O prazo para o desmantelamento das instalacións que se autoriza será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a desmontaxe.

5. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalacións deberá comunicala a este departamento territorial para emitir a acta de peche.

6. Transcorrido o prazo de doce meses sen comunicar a desmontaxe da instalación, producirase a caducidade desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 138 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 19 de xuño de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra