DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 15 de xullo de 2026 Páx. 39584

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos sanitarios (Diario Oficial de Galicia número 42, do 4 de marzo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 2 de xullo de 2026, o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos sanitarios, acordou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, o seguinte:

Que o segundo exercicio terá lugar os días 21 e 22 de xullo de 2026, ás 14.30 horas, na sala D situada na planta baixa do Edificio Administrativo de San Caetano (zona da pirámide), en Santiago de Compostela.

O día 21 de xullo terá lugar a realización do segundo exercicio dos seguintes aspirantes:

– Ferreiros Sánchez-Guisande, Guzmán.

– González Bergantiños, Flavia Leticia.

O día 22 de xullo terá lugar a realización do segundo exercicio dos seguintes aspirantes:

– Rubio Fernández, Melisandra.

– Vilas Martínez, María Joanna.

As persoas aspirantes deberán presentarse ao exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, para a preparación da unidade didáctica poderá utilizar o material que considere oportuno, sen posibilidade de conexión co exterior, polo que o material que vaia utilizar non poderá ser susceptible da dita conexión (ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, etc.), sen prexuízo da posibilidade de utilización alternativa do material que a ese respecto lle facilitará o tribunal. Para a exposición, o persoal aspirante poderá utilizar o material auxiliar que considere oportuno e que deberá achegar el mesmo, sempre que sexa aprobado polo tribunal, así como un guión que non excederá unha páxina e que se entregará ao tribunal ao final da exposición.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026

María Jesús García Blanco
Presidenta do tribunal