DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 15 de xullo de 2026 Páx. 39604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 25 de xuño de 2026, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación dos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente LU/00964/2026 e outro).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o acordo de inicio ditado pola persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo nos expedientes sancionadores número LU/00964/2026 e outro, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselle un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que considere conveniente, presentando ou propoñendo as probas que considere oportunas.

No suposto de que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 25 de xuño de 2026

Marina Fernández Pérez
Xefa do Servizo de Mobilidade

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU/00964/2026

0536KDP

X3068716X

Transporte de mercadorías desde Lugo ata Verín realizando transporte privado complementario, ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario, de servizos que non cumpren algunha das condicións do artigo 102.2 da LOTT.

Vehículo privado complementario. Transporta carne para persoa distinta do transportista efectivo. Xúntanse fotografías.

13.5.2026; 10.07.00; LU-540; 13.0

Artigo 141.25 da LOTT Artigo 140.1 da LOTT
Artigo 42 da LOTT

Artigo. 143.1.k) da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 euros

LU/01128/2026

9932KGG

46903878R

Transporte de mercadorías desde Culleredo ata O Valadouro de carácter público, carecendo de título habilitante.

Realiza transporte público en vehículo de alquiler, transporta electrodomésticos, non achega documento de alquiler.

29.4.2026; 14.11.00; N-642; 51.0

Artigo 141.25 da LOTT

Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 42 da LOTT

Artigo 143.1 k) da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

801 euros