DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 15 de xullo de 2026 Páx. 39514

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras da primeira convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para fomentar a sustentabilidade dos establecementos expendedores de comidas e bebidas no litoral de Galicia, e se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026 (código de procedemento MT975Z).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 25 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), pola que se establecen as bases reguladoras da primeira convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas para fomentar a sustentabilidade dos establecementos expendedores de comidas e bebidas no litoral de Galicia, e se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2026 (código de procedemento MT975Z), con expresión dos seguintes datos:

1. Crédito orzamentario: 1.000.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.541E.770.1 código de proxecto 2025 00174 para o ano 2026.

2. Finalidade da axuda: fomentar a sustentabilidade dos establecementos expendedores de comidas e bebidas vinculados ao servizo do uso e desfrute do dominio público marítimo terrestre, e debidamente autorizados no litoral de Galicia, para que os ditos establecementos evolucionen a instalacións sustentables e adaptadas ás contornas naturais en que desenvolven a súa actividade.

3. Destinatarias: persoas solicitantes relacionadas no anexo, de forma individual.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026

Paula María Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

ANEXO

Relación de solicitudes beneficiarias

Expediente

Persoa solicitante

NIF

Liña

Subvención concedida

MT-975-Z-2026/0001

Playa Seca, S.L.

B94140712

1

4.942,45 €

MT-975-Z-2026/0003

Naval Arousa, S.L.U.

B94173382

1

3.778,00 €

MT-975- Z-2026/0004

Rocío Ayelen Masare

***5990**

1

6.705,00 €

MT-975- Z-2026/0005

Areoso Fun, S.L.

B09758038

1

5.163,56 €

MT-975- Z-2026/0006

Laura Romero Lago

***1525**

1

3.650,00 €

MT-975- Z-2026/0007

Encarnación Gómez Pérez

***6093**

1

10.000,00 €

MT-975- Z-2026/0008

Luis Martín González

***1721**

1

10.000,00 €

MT-975- Z-2026/0009

BSZ Cervecera, S.L.

B70986302

1

6.345,00 €

MT-975- Z-2026/0010

Catering Compostela, S.L. (Jasafello)

B70509526

1

5.080,91 €

MT-975- Z-2026/0011

Catering Compostela, S.L. (Illa de Arousa)

B70509526

1

8.161,14 €

MT-975- Z-2026/0012

Namorala, S.L.

B67868604

1

6.350,00 €

MT-975- Z-2026/0013

María Crespo Rodríguez

***8457**

1

6.074,00 €

MT-975- Z-2026/0014

Bico Group

E94204062

1

3.294,60 €

MT-975- Z-2026/0015

Francisco Jacobo Otero Garrido

***70309**

1

9.517,50 €