DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Mércores, 15 de xullo de 2026 Páx. 39608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ACORDO do 6 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento de concesión de ocupación de dominio público marítimo-terrestre para a execución do proxecto de central hidroeléctrica reversible de auga mariña, en Fonte das Mañas, no concello de Oia (Pontevedra).

Este departamento territorial está tramitando a solicitude de concesión administrativa presentada por Hidroeléctrica Fonte das Mañas, S.L., para ocupar unha superficie de catro mil novecentos noventa e sete con sesenta e catro metros cadrados (4.997,64 m2) de dominio público marítimo-terrestre con destino a dique, toma e tubaxe de toma/restitución de auga, no concello de Oia (Pontevedra) (CONC-PO-2026-010).

De conformidade co disposto no artigo 74 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas (modificada pola Lei 2/2013, do 29 de maio, de protección e uso sostible do litoral e de modificación da Lei de Costas), e no número 8 do artigo 152 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, sométese a información pública a solicitude de concesión da referencia co fin de que no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia calquera persoa que se considere afectada pola dita solicitude formule por escrito as alegacións que considere convenientes.

A proposta que serve de base á solicitude e a documentación que a acompaña estará dispoñible para a súa consulta no seguinte enderezo web, dentro da área temática de Litoral de Galicia:

https://transparencia.xunta.gal/procedementos-de-informacion-publica

As alegacións presentaranse en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 9/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse ao Servizo do Litoral do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (código de identificación A12X03222).

Pontevedra, 6 de xullo de 2026

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra