Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT SBN717B substitución dos apoios AEBIU90D//18-2 e AEC7BIKE//18-3-CT, no concello da Coruña (expediente IN407A 2024/134-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 1 de xullo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/134-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMT SBN717B substitución dos apoios AEBIU90D//18-2 e AEC7BIKE//18-3-CT.
Concello: A Coruña.
|
Nº de predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade |
Data de ocupación |
|
2 |
Aguieiro |
15900A00701100000YL |
Descoñecida |
16.7.2026 |
|
3 |
Aguieiro |
15900A00700930000YB |
Descoñecida |
16.7.2026 |
