Expediente: IN407A 2024/216-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Retirada do apoio 9UP9BF80//126-2 e instalación de dous novos apoios na LMTA ROS806.
Concello: Tomiño.
Feitos:
1. O 31.5.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Retirada do apoio 9UP9BF80//126-2 e instalación de dous novos apoios na LMTA ROS806.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e contén un orzamento total de 7.312,09 euros.
Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade emendar a situación antirregulamentaria na liña de media tensión aérea ROS806. Para isto están previstas as seguintes actuacións no lugar de Vidancelle, na parroquia de Estás, no concello de Tomiño (Pontevedra):
• Retirada do apoio 9UP9BF80//126-2 no tramo ROS8060134.
• Instalación de dous novos apoios de celosía C-1000/16 entre os apoios 9USRR0LF//126-1 e 9UM7AUXE//126-3-CTA.
• Retesado do van contiguo aos apoios proxectados.
• Substitución de 182 metros de condutor entre os apoios proxectados.
2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Tomiño, Telefónica de España, S.A.U., o Servizo de Infraestruturas Agrarias, o Servizo de Explotacións Agrarias e o Servizo de Montes. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos por Telefónica de España, S.A.U. e polo Servizo de Infraestruturas Agrarias.
O Servizo de Montes informou de que a instalación ocuparía terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Estás nunha parcela que non está clasificada como monte veciñal en man común.
Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.
3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 25.6.2024, publicada nos seguintes medios:
• DOG (Diario Oficial de Galicia): 17.7.2024.
• Xornal Faro de Vigo: 18.7.2024.
• Taboleiro de anuncios do Concello de Tomiño, desde o 8.7.2024 ata o 20.8.2024, segundo o certificado emitido polo propio concello.
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
4. Mediante escrito do 28.6.2024 este departamento territorial púxolle de manifesto este procedemento á CMVMC de Estás, titular da parcela que figura afectada pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.
Durante este trámite non se recibiron alegacións.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
• Instalación de dous novos apoios C-1000/16 na liña de media tensión aérea (LMTA) ROS806, tramo ROS8060134, e retirada do apoio 9UP9BF80//126-2.
• LMTA a 20 kV, con condutor LA-56, de 182 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-1000/16 (nº 1) e final no apoio proxectado C-1000/16 (nº 2).
• Retesado dos vans contiguos aos apoios proxectados.
A instalación está situada en Vidancelle, na parroquia de Estás, no concello de Tomiño (Pontevedra).
Conforme o indicado,
RESOLVO:
1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Retirada do apoio 9UP9BF80//126-2 e instalación de dous novos apoios na LMTA ROS806, expediente IN407A 2024/216-4.
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada e de acordo coas seguintes condicións:
1. As características da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.
2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
3. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 23 de xuño de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Tomiño
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións Pleno dominio |
|
|
Apoio nº |
m2 |
|||||
|
1 |
Fial |
Rústico |
36054B501001430000LX |
CMVMC de Estás |
1 |
1,69 |
