De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación ao interesado e non se poder efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles ás persoas interesadas os actos referidos ao procedemento de arrendamento de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia que se indican no anexo deste anuncio.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU):
a) De forma presencial, nas dependencias da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (A Barcia, núm. 56, Laraño, Santiago de Compostela, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres en días hábiles.
b) Na sede electrónica https://sede.xunta.gal/portada, se é un suxeito que opta por relacionarse electronicamente coas administracións públicas, ou está obrigado a relacionarse de tal forma. De tratarse dun procedemento que aínda non estea habilitado na sede electrónica, pode solicitar que se lle remita ou se poña á súa disposición o expediente.
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2026
Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
ANEXO
|
Núm. expediente |
Procedemento |
DNI |
Acto que se notifica |
|
20143200063-2024-12923 |
Arrendamento dun predio integrante do Banco de Terras de Galicia |
44660938K |
Resolución pola que se declara deserta a adxudicación do arrendamento |
|
SBRGI-20111500077-01 |
Subrogación nun predio incorporado ao Banco de Terras de Galicia |
76385635J |
Notificación da resolución sobre a subrogación das persoas titulares de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia –(titular anterior) |
|
SBRGI-20111500078-01 |
Subrogación nun predio incorporado ao Banco de Terras de Galicia |
76385635J |
Notificación da resolución sobre a subrogación das persoas titulares de predios incorporados ao Banco de Terras de Galicia –(titular anterior) |
|
20153600001 |
Arrendamento dun predio integrante do Banco de Terras |
35931726E |
Comunicación á persoa titular do predio da resolución sobre o arrendamento |
|
20083201480-2023-12732 |
Arrendamento dun predio integrante do Banco de Terras |
34717887P |
Resolución pola que se declara deserta a adxudicación do arrendamento |
