De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou sendo o domicilio descoñecido, notifícase á persoa interesada que figura no anexo, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural acordou o día 30 de marzo de 2026 a aprobación das bases de reestruturación parcelaria, o plan de ordenación de predios de especial vocación agraria e a modificación do perímetro da zona de reestruturación parcelaria de Riomol (Castroverde-Lugo).
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial de Lugo da Consellería do Medio Rural, situadas na ronda da Muralla, 70, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Contra o dito acordo, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada que figura no anexo poderá interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Lugo, 2 de xullo de 2026
Mª Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo
ANEXO
|
Nome |
Número de titular |
|
Irene López Arrojo |
93 |
