DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 16 de xullo de 2026 Páx. 39805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2024/093-1, no concello de Carral.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmanse da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración as persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LAMT 15 kVA RAL703 Meirama 3 entre apoios AI2PDD2V//131 (13582641) e AI3JS7HC//135 (13582396), no concello de Carral (expediente IN407A 2024/093-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 2 de xullo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/093-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LAMT 15 kVA RAL703 Meirama 3 entre apoios AI2PDD2V//131 (13582641) e AI3JS7HC//135 (13582396).

Concello: Carral.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade

Data de ocupación

1

Lourido

15021A010001330000RE

Descoñecida

16.7.2026

2

Lamelas

15021A010001510000RL

Descoñecida

16.7.2026