DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Xoves, 16 de xullo de 2026 Páx. 39830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de xuño de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.10825, outorgada o 30 de outubro de 2009, no concello de Vilaboa (expediente DH.A36.117670).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Chan do Monte.

Expediente: DH.A36.117670.

Volume total anual: 13.538,70 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,95 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: captación dun manancial e dun pozo na parcela 591, polígono 30 do catastro de Vilaboa.

Lugar: Paredes.

Parroquia: Vilaboa (San Martiño).

Concello: Vilaboa.

Descrición:

A auga do manancial e do pozo condúcese a depósito de 195 m3 na parcela 587, polígono 30, desde o cal se distribúe ás vivendas que abastece a Comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira, 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 11 de xuño de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur