Unha vez convocado o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C1, pola Resolución do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro) e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C1, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
Corpo administrativo da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 (acceso libre)
Tribunal titular.
Presidencia:
– María Dolores Veiga Gondelle, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Secretaría:
– Fernando Blanco García, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Vogais:
– Laura Suárez Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
– Pablo Vázquez Gende, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.
– Iria Seoane Leal, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Tribunal suplente.
Presidencia:
– Marcos Vázquez Fernández, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Secretaría:
– José Luis Soto Campos, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Vogais:
– Aldara Míguez González, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
– Fernando José Martínez Quindimil, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de enfermaría.
– Iris Ferradás Cao, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
