DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 17 de xullo de 2026 Páx. 39959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 3 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2024-072 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

O acto foi adoptado pola directora territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Departamento Territorial, sito no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, núm. 2, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 3 de xullo de 2026

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado

CO-RES-2024-072

32818745E

Apercibimento MC

Pola directora territorial

CO-RES-2026-020

Y4838847Y

Resolución

Pola directora territorial

CO-RES-2026-047

Y5551104E

Acordo de inicio

Pola directora territorial

CO-RES-2026-048

47403181C

Acordo de inicio

Pola directora territorial